miércoles, diciembre 20, 2006

MELLOR SEN MESTURAR



Era mellor non mesturar o futbol coa música a música coa política e a política co fútbol, pero corren tempos difíciles e o que prima ante todo é Galicia, despois o deporte e para rematar a festa e se alguén ainda segue con forzas que se dedique á política pero sen mesturar uns cos outros. Cada cousa no seu sitio e o can no palleiro. Quen queira escoitar música en galego será porque lle apetece, e quen foi ó concerto de Meu, Backyard Babies e Siniestro será porque tamén lle prestou. Foi unha mágoa que non houbera música cantada en galego, pero seguro que haberá máis días para reinvindicar concertos en galego. Tamén é certo que non só por cantar nun idioma ou noutro se ian a ter máis preferencias, o que ten que primar é a calidade musical por riba de todo, pero o que sí é verdade e que a música cantada en galego estivo moito tempo no segundo plano e agora vai sendo hora de sacala "fora do roupeiro". Asique o próximo concerto queremos ver música cantada en galego.

1 Comments:

Blogger kastoma said...

Queremos oir música en galego, ainda que seña só por un día por favor....

5:07 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home