sábado, septiembre 09, 2006









Pode ser algo abstracto, pode tamén ser unha maneira de ofrecervos un vaso, e tamén, e de certo así é, KASTOMÄ, un grupo de rock en galego de Ordes, formado no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito co afán de satisfacer un fortísimo desexo: poder tocar en directo.

Con influenzas do rock nacional ( Boikot, Reincidentes, Barricada, entre outros ) e coa mente posta nos concertos, ensaiamos ó sair de traballar, no tempo libre que ben aproveitamos cunha aficción ruidosa pero entretida. Desde o ano 2000, tocando por garitos e festivais galegos, e agardamos que sexan moitos mais e que vos o vexades.

KASTOMÄ é un apócope frase ¿qué queres tomar ? orixinaria da zona de Santa Comba, frase que dí moito da cultura etílica que se apalpa polas terras de Ordes, donde vivimos, con locais de reegeton e triunfitos que malamente lle deixan oco ó Rocanrol, xente nova que ainda pensa coma os de antes, teñen que vir coas suas melodías de Madrid para sacarnos da casa a tomar unhas copas ¡ qué ridículo !.

As que cosemos pá fábrica, os que cortamos a erba para o gando, os que tecleamos diante dun ordenador, os que facemos as fotocopias, os que compramos unha vivenda, todos imos guiadiños coma marionetas cara o mesmo buraco, ¡¡¡ vivan as multinacionais !!! que nos teñenen afeitos ás suas cancións, e despois “todos somos solidarios…”, pero coma ben decía o tio Marcos da Portela, senon hai pan veña viño, xa que nonos queren, mellor solos, e a poder ser, ben lonxe deses locais “chunda, chunda” que programan actuacións só para cando non teñen a ninguén no bar, locales que non teñen clientela de rocanrol e pretenden que lle levemos nós ós nosos colegas para facerlle caixa, ¡ home, por favor ! un pouco de dignidade que nadie se fai a facer nin mais rico nin mais pobre por 150€ de caché, e coma non está o alcacén pa jaitas, moitas veces temos que tragar con todo só para facer algo que che gusta e iso podémolo aturar no traballo pero se podemos evitalo nos concertos moito mellor.

Ahí queda a nosa protesta e ímonos ó allo porque “… yo he venido aquí a hablar de mi libro…” e chámase MESTRE DE PESADELOS, maketa autoproducida e grabada en estudio, levounos moito tempo sacala por motivos de traballo dos componentes, pero a próxima prometemos que irá máis rápida porque para daquela xa seremos famosos e poderemos decir iso de que vivimos da música, (qué bonito soño).

As nosa cancións espállanse nos seguintes traballos publicados ata agora:

  1. Incluímos dous temas no traballo MIXTURA (2000) de grupos da zona de Ordes –Cerceda.
  2. A nosa primeira maqueta en estudio data do ano 2000 foi TOMÁMOSLLE OUTRA…? con 600 copias editadas, con temas que falan sore o cotilleo da xente nos bares, temas outros como as lendas galegas contadas ó redor do lume e como non algunha que outra salpicadura como mostra da nosas inquedanzas da vida cotiá. Foi esta primeira maqueta un man a man entre témpano e fígado, un pulso entre watios e garrafón; e como diría o outro: “a mesa está servida, e de postre…¿ Tomámoslle outra…?
  3. Despois co asunto do “BARCO” tamén grabamos un tema incluído nun disco editado por Amelga (asociación de músicos en galego) en protesta da marea negra, disco titulado CON DIGNIDADE do cal se distribuiron 2000 copias.
  4. Para 2004 SONS GALICIA editounos 2 temas nun disco de grupos universitarios en galego froito dun concurso do que fomos finalistas.
  5. Disco recopilatorio de varios grupos galegos publicado por Galiza Nova 2006(Ourense)
  6. Nestes intres estamos a presentar un novo traballo en estudio: MESTRES DE PESADELOS, autoproducido e autoxestionado, grabado o verán 2005 en ESTUDIOS BOMHAN, A Coruña. Editado por Falcatruada e diseñado por Mosca e Araña 2005.



Contén temas que tratan a explotación laboral dos nenos, da baixada de pantalóns que ten que soportar os empregados para chegar a fin de mes, da mala vida que levan uns e da boa vida que levan os outros, que ben poderíamos resumir nun poema de Celso Emilio Ferreiro ó que lle facemos a nosa pequena homenaxe no tema de NON ( musica de Hellacopters letra de C.E.Ferreiro), como tamén quixemos ter presente “…á aqueles que perderon a guerra e se botaron ó monte ó ter a morte rondando moi cerca…” trátase dos FOUCELLAS.

Este último traballo é froito do asentamento do grupo nas ideas que nos ocupan e preocupan a tal hora, e agardando que para un futuro sexan máis ledas, despedímonos dando as gracias a tódolos que colaborades con KASTOMÄ, asi e todo, como se dí por Ordes: VÉMONOS, E SENON APALPÁMONOS.

Adeus.

Actuacións:

II Festa da mocidade en Ordes

Festival de Cerdeda

Festival Rock Tordoia

Concertos na “Zona Vella” en Ordes

Asociación Xuvenil “A Ruta” en Cambre

Funktastic Club en Ordes (2 veces)

Siroco no Mesón do Vento

Gatos en Melide

Sala Nasa en Compostela

Badulake Rock en Ordes

Centro Hipico Xaquín- Deixebre

O´ 600 en Laracha.

Dark knight -Coruña

Gham –Lugo

Festa da Asociación Cultural de Paderne- Betanzos

Penateixa-Sigüeiro

Pub Rodas –Malpica

Pub Boxes - Cerceda

Pub Sodoma- Malpica

Festival Colectivo Contra Marea-Ordes

Pub O Conxuro – Carral

Cervexeria Delito – Mesón do Vento.

O Nunca Mais – Ordes.

O Anden – Cambre.

O Gatos – Melide.

Festival Meigas Fora – Poulo, Ordes- setembro 2005-2006.

Discoteca Medieval – cerceda, Setembro 2006

Pza Toural – Compostela.

Praza dos Bombeiros- maio2006

Parque de Belvis -xullo 2006

Participación no II Concurso De Grupos Noveis en Vilagarcia de Arousa chegando a semifináis. Final ganada por Stay Pretty.

II Rock Ordes Festival tocando cos Konflikto, Emacaos e os Mojinos Escocios. Ano 2002.

Participación no concurso patrocinado pola Universidade, Concellos e Sons Galicia de Lugo, chegando a final que gañou Rever.

III Rock Ordes Festival tocando cos Mallory, e Loquillo y Los Trogloditas. Ano 2003.

V Rock Ordes Festival tocando cos The majestics e Deluxe. Ano 2005.

Quedamos para outra ocasión, que será cando vos queirades e… Tomámoslle outra, que non deixe pesadelos.

Podedes contactar con nos en:

kastoma@hotmail.com

E tamen nos telefonos:

SITO: 626 847 001;

DAVID: 615 693 049

MOITAS GRACIAS, E UNHA APERTA.