viernes, diciembre 29, 2006

OS GIN-TONICS e MALA CHISPA T.C.

Hoxe 29 Nadal 2006, na sala NUNCA MAIS no Balado, actuación estelar dos grupos OS GIN-TONICS e MALA CHISPA T.C. de Ordes-Oroso-Negreira, para despedi-lo 2006 con versions dos sesenta, setenta, oitenta e noventa de rocanrol. A entrada é de balde. Asique se vos presta, vémonos alí pola noite.

miércoles, diciembre 20, 2006

MELLOR SEN MESTURAR



Era mellor non mesturar o futbol coa música a música coa política e a política co fútbol, pero corren tempos difíciles e o que prima ante todo é Galicia, despois o deporte e para rematar a festa e se alguén ainda segue con forzas que se dedique á política pero sen mesturar uns cos outros. Cada cousa no seu sitio e o can no palleiro. Quen queira escoitar música en galego será porque lle apetece, e quen foi ó concerto de Meu, Backyard Babies e Siniestro será porque tamén lle prestou. Foi unha mágoa que non houbera música cantada en galego, pero seguro que haberá máis días para reinvindicar concertos en galego. Tamén é certo que non só por cantar nun idioma ou noutro se ian a ter máis preferencias, o que ten que primar é a calidade musical por riba de todo, pero o que sí é verdade e que a música cantada en galego estivo moito tempo no segundo plano e agora vai sendo hora de sacala "fora do roupeiro". Asique o próximo concerto queremos ver música cantada en galego.

viernes, diciembre 15, 2006

ATENCION QUE KASTOMA ARRANCA PÓ ORIENTE

NOVO VIDEO DE KASTOMA

VINIT-KASTOMA

ver video KASTOMA

Parece incríble, pero saíunos un competidor, ou un fan, ¿qué será? non tiñamos coñecemento del ata agora, non sabemos aínda se é exipcio, turco ou de coristanco con tódolos respetos, pero hai que recoñecer, e rendirse se fai falla á evidencia de que ten a mais xente que lle fai caso. ¿Será porque non canta en galego, ou será porque é mais juapo ca soneira? Ala..! ímonos a irmandarnos con il a ver se nos busca algun bolo por Siria, Afganistán a India...